FIADOR
Fiador: Teses de doutoramento
Teses de doutoramento


Nesta guia atopará unha selección de webs nacionais e internacionais, onde atopara contidos valiosos
sobre investigación
Teses de doutoramento

 

Documentos
 

 

Bases de datos

 

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: catálogo de teses de doutoramento. Acceso ao texto completo das teses de doutoramento de universidades españolas e estranxeiras.

Cyberthèses: é un proxecto francófono de arquivo e difusión electrónica de teses de doutoramento.

E-prints UCM: arquivo institucional que recolle a investigación científica da Universidad Complutense de Madrid: artigos, libros, relatorios, teses de doutoramento, etc.

Electronic Theses & Dissertations Center (OhioLINK): teses de doutoramento electrónicas, libremente accesibles.

EThOS: e-theses online service (British Library): buscador de teses a texto completo

Greynet: rede dedicada á investigación, publicación, acceso aberto e educación no ámbito da literatura gris. Contén un directorio internacional, o repositorio OpenGrey, un índice de fontes sobre literatura gris, etc.

NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertation): proxecto de biblioteca dixital de teses, no que participan universidades e consorcios de todo o mundo. Permite buscas por autor, título, director de teses, universidade, materia. Algunhas con acceso ao texto completo en pdf.

OATD (Open Access Theses and Dissertations): Teses internacionais de libre acceso.

Open Thesis: repositorio gratuíto de teses e outros documentos académicos de todo o mundo.

Proquest Dissertations & Theses: base de datos bibliográfica de teses de doutoramento, principalmente de ámbito anglosaxón. Pódense consultar os resumos dos últimos anos e as 24 primeiras páxinas das teses de doutoramento.

RECERCAT. Depósito de Investigación de Cataluña: é un depósito cooperativo de documentos dixitais que inclúe a literatura de investigación das universidades e centros de investigación de Cataluña., con preprints, relatorios de congresos, proxectos de fin de carreira, memorias técnicas, etc.

RECOLECTA: iniciativa conxunta da Rede de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT) que ten como obxectivo principal promover a publicación en acceso aberto dos traballos de investigación que se desenvolven nas distintas institucions académicas españolas e facilitar o seu uso e visibilidade á vez que proporciona ferramentas para facilitar o desenvolvemento de contidos en acceso aberto.

REDIAL: teses europeas sobre América Latina.

RUC. Repositorio institucional da UDC: repositorio de documentos dixitais produtoda actividade ciéntífica e institucional da Universiade da Coruña

SUDOC: catálogo das bibliotecas universitarias francesas, recolle as teses lidas en Francia.

TDX- Tesis Catalanas: catálogo das teses de doutoramento lidas nas universidades de Cataluña, a texto completo. Pódense consultar por autor, título, palabras clave e universidade. Elaborado pola Biblioteca Dixital de Cataluña.

Teseo: teses de doutoramento lidas nas universidades españolas desde 1976.

Tesi di laurea: recompilación de teses italianas a texto completo, dentro do Proxecto Manuzio de biblioteca virtual.
 



  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000