AENORmás
Contido: normas UNE, vixentes e anuladas, a texto completo, elaboradas e adoptadas por AENOR: Normas UNE, UNE-EN, UNE-ENV, UNE-HD, UNE-CR, UNE-ENISO, UNE-EN ISO/IEC, UNE-ETS, UNE-TBR, UNE-ECISS-IC.
Idioma: español
Derwent Innovation Index
Resumo completo dos inventos de todas as especialidades no mercado mundial: químicos, eléctricos, electrónicos e de enxeñaría mecánica. Permite aos usuarios comprender rápidamente a importancia dunha patente e a súa relación con outras patentes (desde 1980 ata 2010).
Canadian Patent Database
Descrición de patentes e imaxes. Desde 1920 ata a actualidade. Realizada pola Canadian Intellectual Property Office.
Diario Oficial de Galicia (DOG)
Contido: publicación oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, editada pola Xunta de Galicia. recolle disposicións xerais e específicas, oposicións e concursos, publicacións dos tribunais de xustiza e anuncios oficiais.
Cobertura: Referencial desde 1978; texto completo desde 1991. A edición dixital é oficial desde o 2 de maio de 2011.
Idioma: galego e español.
Esp@cenet
Proxecto conxunto da Oficina Europea de Patentes e as oficinas nacionais dos estados membros da EPO, con participación da World Intellectual Property.
Recursos Integrados da Lingua Galega (RILG)
Contido: recurso que permite buscas en todas as ferramentas do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo: dicionarios, corpus, bancos de datos... da lingua galega
Idioma: galego
USPTO
Base de datos de patentes de USA, a texto completo desde 1976.
Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP)
O BOP é o periódico oficial no que se publican as disposicións de carácter xeral e as ordenanzas, así coma os actos, edictos, acordos, notificacións, anuncios e demais resolucións das Administracións Públicas e da Administración de Xustiza de ámbito territorial provincial, así como calquera outras administracións e particulares, cando así estea establecido en disposición legal ou regulamentaria, así como outros actos ou anuncios que aquelas remitan. Ademais, poden publicarse os anuncios de particulares que deban ser inseridos de acordo coa lexislación vixente ou para información xeral.
Boletín Oficial del Estado (BOE)
Contido: permite a consulta de todos os BOEs. Da acceso a outras bases de datos: Xurisprudenza constitucional, Abogacía do Estado, e Consello de Estado. Libros electrónicos, lexislación consolidada, consulta do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME), etc.
Cobertura: o BOE desde 1960, e a Gazeta de 1661 a 1959.
Idioma: español, catalán, euskera, gallego, inglés e francés
Diario Oficial da Unión Europea (DOUE)
O Diario Oficial da Unión Europea (DO) é o único boletín que se publica tódolos días
laborábeis en tódalas linguas oficiais da Unión Europea (UE). Componse de dúas series conexas (L para a lexislación e C para as comunicacións e informacións) e o suplemento S (para os contratos públicos). Tamén hai unha sección electrónica para a serie C, coñecida como DO C E.
Iberlex
Contido: Ofrece disposicións de carácter xeral de ámbito estatal, autonómico e europeo; tamén o análise xurídico de cada norma, así como o texto consolidado da normativa básica estatal.
Cobertura: 1960 -
Idioma: español
Acronym Finder
Atopa o significado de calquera acrónimo, sigla ou abreviatura.
Biographical Dictionary
S9.com é un sistema tipo Wikipedia no que todos poden editar biografías ou crear a súa. S9 foi creada en 1997 e dende entón converteuse nun dos maiores sitios de biografías en internet.
Biography
Biography.com recolle as historias maís interesantes sobre personas famosas. Con maís de 7.000 biografías, e a fonte dixital de historias reais de xente relevante.
Elmundo.es - Diccionarios
Dicionarios de lingua española, de sinónimos, de antónimos, español-inglés e inglés-español, español-francés e francés-español, e de medicina.
OneLook Dictionary Search
Máis de 19 millóns de palabras en máis de 1000 dicionarios en liña son indexados polo motor de busca OneLook.
Scholarpedia
Enciclopedia de acceso aberto e revisada por pares (coñecemento introducido por comunidades de expertos)
Wikilengua
Wiki para compartir información práctica, a modo de dicionario de dudas e dificultades, sobre a norma, o uso e o estilo do español.
YourDictionary
YourDictionary é o dicionario en liña máis fácil de usar
Directorio de bibliotecas españolas (Ministerio de Cultura)
O directorio das bibliotecas españolas proporciona información das Bibliotecas Nacionais e rexionais, bibliotecas públicas, bibliotecas de institucións de ensino superior e bibliotecas especializadas, elaborado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en cooperación coas Comunidades Autónomas, no marco do Consello de Cooperación Bibliotecaria e da Comisión Xeral de Coordinación de Bibliotecas da Administración Xeral do Estado.
Enciclonet
Enciclopedia en español, estruturada por temas, editada por Micronet. Pódese buscar por título ou por texto libre nos artigos desta. É necesario rexistrarse.
Encyclopedia.com
Fai as buscas en máis de 100 enciclopedias, dicionarios e tesauros.
Gran Enciclopedia de España
Especialízase en temas de España e analiza, con detalle e en profundidade, os múltiples aspectos que se relacionan coa historia e a cultura dos seus diversos pobos.
Cambridges dictionaries online
Contido: dicionarios baseados en corpus para estudantes de inglés de todos os niveis. Son idóneos para axudar a preparar os exámes de inglés de Cambridge e de IELTS.
En
Cambridge Dictionaries Online pódense atopar respostas as preguntas sobre gramática.
English Grammar Today é unha guía de referencia indispensable da gramática contemporánea e do uso do inglés.
Dicionario da RAG
Contido: este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Pódese atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Idioma: galego
Dicionário Priberam da Língua Portuguesa
Contido: dicionario de portugués contemporáneo, que comprende tanto vocabulario xeral como os termos mais comúns das principais áreas científicas e técnicas. Tamén contén sinónimos e antónimos e permite a conxugación verbal, así como consultar información sobre a orixe dalgunhas palabras e a súa pronuncia.
Idioma: portugués
Merriam-Webster
Contido: dicionario médico da editorial Merriam-Webster.
Idioma: inglés
AFNOR
Contido: páxina da Asociación Francesa de Normalización.
Idioma: francés, inglés
ANSI
Contido: páxina do American National Standard Institute con referencias de normas elaboradas por esta institución membro da Organización Internacional para la Estandarización (ISO) e da Comisión Electrotécnica Internacional (International Electrotechnical Commission, IEC). A organización tamén coordina estándares do país estadounidense con estándares internacionais, de tal modo que os produtos deste país poidan usarse en todo o mundo.
Idioma: inglés
ASTM
Contido: páxina da American Society for Testing and Materials con normas, publicacións e novas.
Idioma: inglés
DIN
Contido: páxina do Deutsches Instituf für Normung.
Idioma: alemán, inglés
European Patent Office
Páxina web da Oficina Europea de Patentes. Ofrece información, ligazóns e acceso ás bases de datos de patentes.
Oficina Española de Patentes e Marcas
Ofrece gran cantidade de ligazóns, que permiten realizar buscas variadas. Texto completo de patentes EP, Wo e doutros países. Referencias bibliográficas de patentes de moitos países.
Organización Mundial da Propiedade Intelectual
Organización internacional dedicada a fomentar o uso e a protección das obras do intelecto humano. A propiedade intelectual divídese en dúas categorías: a propiedade industrial e o dereito de autor.
Rebiun (Red de Bibliotecas Universitarias Españolas)
Contido: a Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas Rebiun é unha comisión sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) desde 1994. Constitúe un organismo estable no que están reprentadas todas as bibliotecas universitarias e científicas españolas.
Idioma: español
CartoETSA
Portal de cartografía dixital da Biblioteca de Arquitectura da Universidade de Sevilla.
Catastro
O Catastro Inmobiliario é un rexistro administrativo dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais. Está regulado polo Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, a inscrición no mesmo é obrigatoria e gratuíta, características que o diferencian do rexistro da propiedade.
A descrición catastral dos bens inmobles inclúe as súas características físicas, xurídicas e económicas, entre as que se atopan a súa localización, referencia catastral, superficie, uso, cultivo, representación gráfica, valor catastral e titular catastral.
Centro Nacional de Información Geográfica (Instituto Geográfico Nacional)
A súa finalidade é a de producir, desenvolver e distribuír os traballos e publicacións de carácter xeográfico que demande a sociedade española, a elaboración de produtos derivados e temáticos e a súa distribución nacional e internacional con especial dedicación á realización de proxectos baseados en tecnoloxías avanzadas, programas de investigación e desenvolvemento, e prestación de asistencia técnica no ámbito das ciencias e técnicas xeográficas.
GeaCron
Mapa cronolóxico interactivo que permite navegar por un atlas histórico mundial, seguir liñas de tempo para un acontecemento determinado, ou consultar mapas xeopolíticos.
Geological Survey Library
Programa do United States Geological Survey, oficina científica do Departmento do Interior do Goberno dos Estados Unidos. O USGS opera como un organismo investigador e contén 3 millóns de items: 1.7 millóns de libros e revistas, 700.000 mapas, 370.000 microformas, 270.000 folletos, 260.000 fotografías en blanco e negro, 60.000 transparencias en color, 15.000 libros de campo y 250 videocasetes.
Goolzoom
Permite realizar buscas por dirección, por sistema de coordenadas UTM, coordenadas xeográficas, polígono, parcela e referencia catastral.
BSI
BSI Group, tamén coñecido como British Standards Institution (ou BSI), é unha empresa multinacional cuxa actividade principal é a produción de estándares e a subministración de servizos relacionados.
Open Sea Chart
Contido: directorio de cartas de navegación libres.
Idioma: inglés
UAIPIT
Portal da Universidade de Alicante sobre propiedade industrial e intelectual e sociedade da información. Contén documentos sobre: protección de invencións, protección de dereitos de autor, etc.
Datos.gob.es
Portal de carácter nacional que organiza e xestiona o catálogo de información pública do sector público.
Foreignword.com
Inclúe DictSearch (con máis de 230 dicionarios en liña); LinkSearch (fai buscas en máis de 1000 ligazóns a glosarios); Translate Now! (proporciona acceso a 28 sistemas diferentes de tradución automática en rede); e NetSearch (busca o termo ou termos nas páxinas de Internet que tratan dese tema concreto).
IATE
IATE — sigla de «Inter-Active Terminology for Europe» — é a base de datos terminolóxicos, interinstitucional, interactiva e multilingüe da Unión Europea en proxecto desde 1999 e utilizada desde o verán de 2004 para a recollida, xestión e divulgación conxunta da terminoloxía utilizada nos textos das institucións europeas.
A base está dirixida á redacción, tradución e interpretación nos campos de actividade das institucións da Unión Europea, procurando promover o rigor terminolóxico e mellorar a coherencia e a calidade das traducións.
IATE inclúe as fichas de anteriores bases terminolóxicas:
- Eurodicautom (Comisión Europea)
- TIS (Consello da Unión Europea)
- Euterpe (Parlamento Europeo)
- Euroterms (Centro de Tradución)
- CDCTerm (Tribunal de Contas)
OpenTrad
O mellor tradutor de documentos e textos realizado en código aberto aberto entre varias institucións, entre elas a Universidade de Vigo.
OrtoGal
Corrector ortográfico en liña de galego
Tradutor Google
Sistema de tradución automática gratuíto proporcionado por Google Inc., baseado en datos estatísticos para traducir textos, documentos e páxinas web a outros idiomas.