FIADOR
Fiador: Ferramentas 2.0: Apoio á docencia e á investigación
Ferramentas 2.0: Docencia e Investigación



Ferramentas e recursos de apoio á docencia.
Para consultar máis recursos ir á páxina web da BUDC.
Todos os elementos por fonte

Almacenamento de datos

Dropbox
Servizo de aloxamento de arquivos que ofrece almacenamento na nube, sincronización de ficheiros, nube persoal e software cliente.
Permite aos usuarios crear un cartafol especial nos seus ordenadores, que sincroniza de forma que parece ser a mesma carpeta (co mesmo contido) independentemente do ordenador que se use para velo. Os arquivos colocados neste cartafol tamén son accesibles a través da web de Dropbox e aplicacións móbiles.
Google Drive
Plataforma de almacenamento de arquivos na nube e traballo colaborativo de Google. Permite non só almacenar senón tamén compartir e editar arquivos desde calquera dispositivo. Con Google Drive accédese de forma instantánea a Google Docs para editar documentos de forma colaborativa.
OneDrive
Servizo de aloxamento de arquivos que permite aos usuarios sincronizar ficheiros e despois acceder a eles desde un navegador web ou dispositivo móbil. Os usuarios poden compartir arquivos publicamente ou cos seus contactos; os arquivos compartidos publicamente non esixen unha conta de Microsoft para acceder. É parte do conxunto de servizos en liña anteriormente coñecido como Windows Live.

Blogs e wikis: editores

Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Google Blogger
Ferramenta gratuíta de Google para a creación e publicación de weblogs. Permite compartir texto, fotos e vídeo.
Wikispaces
Servizo gratuíto de aloxamento de wikis que ofrece espazos para comunidades, editor con interfaz visual e áreas de discusión para calquiera do mundo da educación: profesores, estudantes, padres, bibliotecarios, escolas e universidades, Inclúe Wikispaces Classroom (gratuíto) e Wikispaces Campus (de pago)
Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Wordpress
Sistema de xestión de contidos para a construción de sitios web, moi empregado para a creación de blogs por usuarios de nivel avanzado que buscan una orientación máis profesional.

Creación de enquisas e cuestionarios en liña

Recurso referencial Google Forms
Parte de Google Docs Suite. É unha ferramenta que permite a recolección de información de usuarios a través dunha enquisa persoalizada. A información é entón recollida e conectada automaticamente a unha folla de cálculo. A folla de cálculo é cuberta coas respostas da enquisa.
SurveyMonkey
Empresa de desenvolvemento de software baseado na nube que ofrece servizos gratuítos para a creación de enquisas persoalizadas, e ferramentas analíticas de pagamento.

Creación e busca de presentacións

Contén arquivos multimedia Prezi
Software baseado no cloud computing para a elaboración de presentacións. Distínguese pola súa interfaz gráfica con zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación.
Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Slideshare
Slideshare é a maior comunidade liña do mundo para compartir e subir presentacións. Dende setembro de 2015 é LinkedIn SlideShare. Ofrece aos usuarios a posibilidade de subir e compartir  de forma pública ou privada presentacións PowerPoint, documentos Word e Adobe PDF.

Curación de contidos

Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Pearltrees
Sitio para gardar, organizar e compartir páxinas web, noticias, arquivos, fotos, notas, etc. Emprega unha interfaz visual moi intuitiva.
Recurso a texto completo Recurso referencial Contén arquivos multimedia Scoop.it
Servizo de curación de contidos (que facilita o descubrimento, filtrado e publicación de información acerca dun tema en particular) baseado no filtrado colaborativo e cun sistema automático de recomendacións.

Docencia

Contén arquivos multimedia Blubbr
Ferramenta 2.0 que permite crear cuestionarios sobre vídeos; cada pregunta require un fragmento de vídeo diferente. Pode resultar moi útil para traballar calquera tema de forma audiovisual: música, reportaxes de natureza, idiomas, diapositivas de arte, etc. A ferramenta é sinxela e o resultado visualmente atractivo. Primeiro visualízase o fragmento de vídeo e despois aparecen as preguntas, o que exixe a atención continua do alumno.
Contén arquivos multimedia Kahoot!
Sistema online e gratuíto, baseado nas investigacións levadas a cabo na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Noruega e desenvolvido por Johan Brand, Lamie Brooker e Morten Versvik, para crear e contestar cuestionarios baseados no xogo. Permite crear probas ou enquisas para que os estudantes respondan a través de calquera dispositivo que teña un navegador web.
Socrative
Sistema de interacción co estudante que permite aos alumnos participar por medio de teléfonos intelixentes, portátiles e tablets. No transcurso da clase, un profesor pode introducir un test, improvisado ou previamente escrito. Alén de cuestións de opción múltiple, Socrative pode integrar preguntas curtas de texto aberto. O profesor pode seguir qué responderon, de qué xeito e a qué preguntas; obter un informe sobre as respostas nonunha folla de Excel. Os alumnos tamén poden ser agrupados en equipos, de xeito que se hai un alumno en un equipo que responde correctamente a pregunta, considérase que todo o equipo ten acertado.

Marcadores sociais

Recurso referencial Delicious
Principal servizo de favoritos sociais do mundo. Permite a selección de ligazóns, que se describen e etiquetan. Un usuario, polo feito de empregar este servizo, comparte os seus recursos de forma pública, aínda que tamén
pode elixir a difusión privada dos seus favoritos. Como aplicación 2.0 permite a redifusión das ligazóns seleccionadas e compartilos cun grupo de persoas.
Recurso referencial Diigo
Permite seleccionar sitios web, compartir arquivos, documentos notas ou seleccións de textos. Mestura as redes sociais, cos servizos de favoritos sociais e os servidores para compartir arquivos.
Recurso a texto completo Pocket
Aplicación multiplataforma para a xestión de listas de lectura de artigos de Internet.
A aplicación permite que o usuario garde un artigo ou páxina web na nube para a súa lectura posterior. O artigo é enviado á lista Pocket do usuario (sincronizada con todos os seus dispositivos) para ler sen conexión. O usuario pode axustar a configuración de texto para facilitar a lectura.

Multimedia: buscadores

Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia CC Search
Metabuscador de imaxes e outros arquivos multimedia con licenza Creative Commons; permite a busca simultánea en Europeana, Flickr, Fotopedia, Google Images, Open Clip Art Library, SpinXpress, Wikimedia Commons, Pixabay, ccMixter e SoundCloud, de contidos coas licenzas máis amplas: CC BY ou CC0 (dominio público).
Contén arquivos multimedia Flickr
Sitio web que permite organizar, buscar e compartir fotografías ou vídeos en liña, a través de Internet. Conta cunha comunidade de usuarios que comparten fotografías e vídeos creados por eles mesmos; réxese por normas de comportamento e condicións de uso que favorecen a boa xestión dos contidos.
Contén arquivos multimedia Vimeo
Rede social de Internet baseada en vídeos, lanzada en novembro de 2004 pola compañía InterActiveCorp. O sitio permite compartir e almacenar vídeos dixitais para que os usuarios comenten na páxina de cada un deles
Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Wikimedia Commons
Repositorio de arquivos multimedia creado pola Wikimedia Foundation con máis de vinte millóns de obxectos dixitais (imágenes, rexistros de sonido e de vídeo) con licenzas libres ou no dominio público.

Multimedia: editores

Contén arquivos multimedia Audacity
Software gratuíto de código aberto para gravación e edición de sons.
Contén arquivos multimedia GIMP
Programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto dibuxos como fotografías. É un programa libre e gratuíto. Está englobado no proxecto GNU e dispoñible baixo a Licenza pública xeral de GNU.
GIMP ten ferramentas que se utilizan para o retoque e edición de imaxes, debuxo de formas libres, cambiar o tamaño, recortar, facer fotomontaxes, converter a diferentes formatos de imaxe e outras tarefas máis especializadas. Pódense tamén crear imaxes animadas en formato GIF e imaxes animadas en formato MPEG usando un plugin de animación.
Contén arquivos multimedia Picasa
Aplicación informática de Google para a edición de imaxes e ferramenta web para organizar, visualizar, editar e compartir fotografías dixitais.
Contén arquivos multimedia Pixlr
Conxunto de ferramentas avanzadas de edición e creación de imaxes. Permite traballar con capas

Servizos de vídeoconferencia

Contén arquivos multimedia Google Hangouts
Plataforma de comunicación desenvolvida por Google, que inclúe mensaxería instantánea, vídeo chat, SMS e características VOIP. Permite conversaciones de grupos mediante videoconferencia.
Contén arquivos multimedia Skype
Software que permite comunicacións de texto, voz e vídeo sobre Internet (VoIP)

Software científico

LyX
Procesador de textos gráfico multiplataforma  que permite a edición de texto usando LaTeX, polo que «herda» todas as súas capacidades (notación científica, edición de ecuacións, creación de índices etcétera). LaTeX é un sistema de composición de textos, orientado especialmente á creación de libros, documentos científicos e técnicos que conteñan fórmulas matemáticas.
R (linguaxe e contorna de programación)
Linguaxe de programación Open Source e contorna de software onde se atopan implementadas unha gran variedade de técnicas estatísticas (modelización lineal e non lineal, test estatísticos clásicos, análises de series temporais, clasificación, análise cluster, ...) e que conta con capacidades gráficas. R, desenvolvido por The R Project for Statistical Computing, está dispoñible como un programa de libre distribución baixo os termos da licenza GNU. Existen versións para UNIX-Linux, Windows e MacOS.

Xestión de notas e axendas

Evernote
Permite organizar recursos moi diversos (textos, imaxes, vídeos, páxinas web) a través de libretas donde se poder crear notas y, aparte, listas y recordatorios. Puede instalarse en diferentes dispositivos y posabilita compartir contidos con outros usuarios a través das redes sociais e do correo electrónico.
Contén arquivos multimedia Google Calendar
Ferramenta web 2.0 consistente nunha axenda virtual á que se pode acceder desde calquera lugar, en forma gratuíta. Permite aos usuarios crear eventos de forma sinxela, introducindo a descrición tras a selección do día e hora correspondente. A característica máis interesante é a súa posibilidade de xerar axendas compartidas por un grupo de persoas. Deste xeito resulta moi simple organizar reunións, ou ter presentes certos eventos institucionais ou de calquera tipo.

Xestores bibliográficos

Recurso referencial Mendeley
Xestor de referencias libre e multiplataforma (Mac, Windows e Linux) que dispón de versión local e de versión web, coa posibilidade de sincronizar as dúas automáticamente. Os seus creadores inspiráronse para facelo na web Last.fm, unha rede social de radio vía Internet para a recomendación de música con perfís persoais e estatísticas de uso.
Un elemento que o fai único é que dispón dunha ferramenta estatística avanzada onde podemos atopar estatísticas dos autores, das materias máis utilizadas na nosa área e das nosas referencias compartidas.
Recurso referencial Zotero
Xestor de bibliografía gratuíto elaborado con software libre que se integra na web e que funciona como complemento ou extensión do navegador Mozilla Firefox. Para utilizalo con outro navegador, a súa versión Zotero Standalone permite ser instalada como aplicación independente de Firefox.
Guías relacionadas
Buscar no catálogo
Especialista na materia
Picture: Cristina Naveiras Villasuso

Cristina Naveiras Villasuso
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167000

Picture: Pedro Incio

Pedro Incio
Xefe da Sección de Información e Referencia
Tel: (+34) 981.167.000

Lenda / Significado das iconas
= Recurso de acceso libre
= Acceso restrinxido en Campus
= CD / DVD / USB

= Recurso a texto completo
= Algún texto completo dispoñible
= Recurso referencial

= Contén arquivos multimedia

= Recurso novo
= Recurso en PROBA

= Ver contido suscrito en SFX

= Enlace á Axuda

= Recurso Open Access


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000