FIADOR
Fiador: Ferramentas educativas utilizando as TICs
Ferramentas educativas utilizando as TICs
imaxe de Laura Gilchrist


Nesta guía poderás atopar algunhas ferramentas que che poden axudar na tua aprendizaxe, na elaboración de traballos individuais e colaborativos, e creación de aulas virtuais, utilizando as TICs.

Imaxe de Laura Gilchrist

Plataformas educativas e de aprendizaxe
Gratuíta, para facer videotitoriais. Permite implementala no noso sistema de xestión da aprendizaxe, compatible con Moodle, Sakai e Atutor, Joomola, Druppal... Ten chat, posibilidade de voz, pizarra virtual, crear videoconferencia, cambiar de idioma, e moito máis Titorial en inglés
Plataforma social educativa. De balde. Rexistro como docente, alumna/o ou pai/nai familia. Moi intuitiva. Opción en español. Videotitorial en español
Aplicación LMS aloxada gratuitamente sen nada que baixar ou instalar e na que podes rexistrar ao teu Centro. Cada organización recibe un portal propio para personalizar e está dispoñible en español. Inclúe rexistro de notas, foros, noticias, chat, wikis, creación de grupos...Tamén dispón de plans premium de baixo custe. Videotitorial en español
Aula virtual por excelencia utilizada en múltiples ámbitos. É a que utiliza a UDC.  Manual en español
Creación e edición web e blogues

Plataforma libre e gratuíta para a creación de páxinas webs e blogues. Utiliza o sistema CMS, basado en PHp e MySQL. App móbil.

Video titorial en español

Para creación de blogues en galego utilizando a plataforma wordpress. Gratuíta, con axuda en liña. App móbil.

Titorial en galego

Plataforma de google para a creación de blogues. Gratuíta. App móbil.

Videotitorial en español

Plataforma de microblogging que permite aos seus usuarios publicar textos, imaxes, vídeos, enlaces, citas e audio a xeito de tumblelog. Os usuarios poden «seguir» (follow) a outros usuarios rexistrados e ver as súas entradas. Gratuíto. App móbil.

Videotitorial en español

Para creación de webs rápidas e sinxelas, moi creativas e con modelos para escoller. Gratuíta. App móbil. 

Videotitorial en español

Creación de webs sinxelas e rápidas, con varios modelos de plantillas. Podemos elexira a opción ediucación para crear web con contidos educativos. Videotitorial en español
Para creación de posters pero tamén para creación de webs sinxelas e rápidas, con varios modelos de plantillas. Videotitorial en español
Infografías, posters e muros virtuais
Creación de infografías gráficas. Versión gratuíta e de pago. Permite importar datos dunha táboa. Recurso en inglés. Videotitorial en español
Creación de infografías en liña que se poden compartir ou manter en privado. Variedade de plantillas. Recurso en inglés Videotitorial en español
Plataforma educativa gratuíta que se vai xerando a partir da creación de posters. Variedade de plantillas. Recurso en inglés. Videotitorial en español
Plataforma educativa e de creación de murais colaborativos. Permite gardar como jpg, pdf ou ben interactivo. Pódense inxerir videos e música. Agora é de pago, ten versión gratuíta dun mes rexistrándose coma docente. Videotitorial en español
Creación de posters. Non é tan completa como Glogster pero é moi sinxela. Permite introducir arquivos para descargar dende o propio poster, e tamén utilizar a propia webcam para crear e inxerir videos. 
Hai que rexistrarse se queremos ter os nosos paddlets, compartilos, exportalos...
Podemos imprimilo, envialo por mail ou incrustalo. Tamén código QR. Ten version española.
Tutorial en español
 Permite crear tablóns ou corchos virtuais colaborativos e compartilos na rede. Permite engadir vídeos, música e documentos. Recurso en inglés. App móbil. Tutorial en español
Traballar na nube
Servizo gratuíto de google para almacenar e compartir arquivos na nube. Ter conta en gmail. App móbil. Videotitorial en español
Servizo de almacenemento de arquivos na nube. Máis GB que drive pero os arquivos deben descargarse para poder ser visualizados. Gratuíto e conta pro. En varios idomas.  Videotitorial en español
Tamén para almacenamento de arquivos na nube. Non permite modificar simulaneamente un arquivo, polo que non se adapta moi ben para traballo colaborativo. App móbil. Videotitorial en español
Ademáis de ferramenta para gardar arquivos na nube é tamén unha ferramenta colaborativa, que nos permite compartir calquera documento ou libreta. Moi bó para traballo en equipo. Captura webs e arquivos. En varios idomas. Web e de escritorio. App móbil. Videotitorial en español
Creación de posters colaborativos utilizando imaxes multimedia que arrastras dende o navegador ou dende os nosos arquivos. Moitas plantillas.  Videotitorial en español
Presentacións
Aplicación en liña para realizar presentacións dinámicas. Pódense compartir e reutilizar as xa existentes. O traballo é sobre unha única pantalla. Permite inxerir arquivos, capturar diapositivas, videos, música... App Móbil. Tutorial en español
Plataforma en liña para a creación de presentacións en vídeo. No son necesarios coñecemento previos de edición de vídeo. Tutorial en español
Permite, como evernote, gardar arquivos e crear contidos, tamén compartilos, pero ademáis se poden crear presentacións multimedia. En inglés. Videotitorial en español
A primeira de Open Office e a segunda de Microsoft. Son de escritorio, non permiten traballo colaborativo. Videotitorial de Impress en español
Para compartir as túas presentacións. Gratuíto. App móbil. Videotitorial en galego
Presentacións dinámicas similar a prezi pero máis intuitivo e sinxelo. Pódese facer a presentación en forma colaborativa. Conectada con drive polo que se poden capturar arquivos de drive e subila despois directamene. En inglés. Videotitorial en español
Presentacións moi vistosas. Variedade de plantillas para elexir. Moi sinxela. Versión gratuíta e de pago. A gratuíta permite compartir pero non descargar. Videotitorial en inglés
Xestión de imaxes e creación de cartaces
Editor moi completo de imaxes gratuíto en liña. Permite capturar, editar fotos e aplicar filtros. Ten un editor avanzado e un "express". En diversas leinguas. Co editor express é moi doado crear cartaces, facer collages... A versión Pixlr-o-matic permite aplicar filtors vintage. App móbil. Videotitorial en español
Ferramenta moi potente de edición de imaxes. Similar a photoshop pero de balde. Precisa instalación no ordenador.  Titoriais de utilización
Aínda que serve para crear webs sinxelas tamén é útil para crear cartaces.  
Ademáis de para webs sinxelas, moi útil para posters.  
Aplicación de google para o almacenamento, organización, edición básica, presentacións de video e creación de álbumes, de fotografías. Permite compartir imaxes, álbumes e videos. Funciona só en windows. pero se pode atopara algunha versión antigua para Linux. App móbil. Videotitorial en español
Aplicación en liña de yahoo para gardar fotografías en álbumes e compartilas. Rexistrarse en Yahoo. App móbil que permite facer fotografías e gardalas utilizando filtros.  Videotitorial en español
Compresor e optimizador de imaxes. Descarga directa a drive ou Dropbox  
Creación de contidos multimedia
Crear videotitoriais en lliña, con video, voz e anotacións manuais. Grava o que facemos no ordenador e se temos webcam o incorpora. Versión gratuíta e pro. En inglés. Videotitorial en español
Extensión de Chrome para gravar a nosa actividade no ordenador e facer presentacións que poderemos subir a drive ou directramente a youtube en forma de video.   
Microleccións gravadas en video e compartidas en youtube que podes utilizar para as tuas clases. En varias linguas, e tamén se poden subtitular.  Videotitorial de como crear microleccións propias
Para crear presentacións a base de contidos de google drive, ás que se lles pode engadir audio e video para crear videotitoriais. En inglés. Videotitorial en español
Emitir videos en streaming. Pódese utilizar para videoconferencias ou para emitir eventos ou unha clase en directo a través da web. A versión gratuíta é moi limitada pero dan servicio premium gratuíto se se solicita a activistas, periodistas ou cando é sen ánimo de luvro par aunha boa causa. En inglés. App móbil. Videotitorial en español
Chat de google. Tamén é útil para realizar videoconferencias. Opción "en directo". POde ser público ou para un grupo de google. App móbil. Videotitorial en español
Permite fraccionar un vídeo con preguntas sobre os fragmentos recentemente vistos. Útil para utilizar nas "flipped clasroomns". Opción de rexistrarse como docente ou como alumno. Pódese programar para un día concreto.
 
Videotitorial en español
Web moi sinxela para facer videos animados aos que se lles pode inxerir voz e música. Gran variedade de esceas e personaxes para escoller e customizar. En inglés. Videotitorial en español
Traballar coa voz, radio, podcast
 
Programa libre e de código aberto para gravar e editar sons. Titoriais en español
Crear un programa de radio. Realizamos podcast, o subimos ou retransmitimos directamente en internet. Moi doado. Pódense programar os podcast. Videotitorial en español

Temos máis información para crear programas de radio á carta na presentación de Mª José González Serna Sánchez e na Plataforma Proyecta.
Mapas conceptuais
Posibilidade de crear mapas conceptuais web que incorporen arquivos adxuntos ou enlaces a outras páxinas, para despois poder interactuar con eles. Tamén permite compartir. Moi doado. Descargar no ordenador.
 
Videotitorial en español
App móbil para IPhad e IPhoneque che permíte crear mapas mentais, fichas de estudo, apuntes en liña, test para axudarche a estudar e ata unha planificación completa. Ademais, podes compartir toda esta información ordenada cos teus compañeiros. En español. App mobil.
 
Videotitorial en español
Creación de bibliotecas virtuais
Esta é unha biblioteca virtual que che permite gardar tantos libros como a túa tarxeta de memoria o permita. App cunha interfaz moi agradable e qu está dispoñible tanto para Android como para iOS.
 
Titorial en español
App de lectura para Android. Máis completa que Aldiko.Permite a lectura de multitude de formatos de ebooks. Traducida a máis de 40 linguas. Versión de balde e pro. Videotitorial en español
Organiza o que sigues na rede
  • Feedly
   
Escritorio en liña no que podemos organizar todas as nosas páxinas favoritas e seguir as novedades mediante RSS. Podemos compartir os taboleiros e ver os de outra xente. Ten moitos usos educativos para o docente e o alumno. Videotitorial en español
     
Creación de tiras banda deseñada
Servizo para crear tiras de banda deseñada a base de viñetas e compoñer libros a partir desas tiras. En inglés.
 
Videotitorial en español
Outra opción moi similar. Útil para crear un avatar. Tamén en inglés. Videotitorial en español
  • Bitstrips
Aplicación para o móbil, para facer avatares e esceas de comic con colegas. App móbil. Videotitorial en español
Especialista na materia
Picture: María Jesús  García García

María Jesús García García
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: María Gutiérrez

María Gutiérrez
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: María Inmaculada  Doval Porto

María Inmaculada Doval Porto
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Buscar no catálogo


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000