FIADOR
Fiador: Estudos lingüísticos e literarios galego-portugueses
Estudos lingüísticos e literarios galego-port
Selección de recursos de pago e gratuítos sobre estudos lingüísticos e literarios en lingua galega e portuguesa. Para consultar máis recursos ir á páxina web da biblioteca.                   
Todos os elementos por fonte

Bases de datos gratuítas

Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Arquivo do Galego Oral
Contido: corpus de interese multidisciplinar para estudar a situación da lingua oral galega
Cobertura: desde 1974 ata a actualidade
Idioma: galego
Recurso referencial Boletín Bibliográfico de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval
Contido: Sección do portal da AHLM que permite a búsqueda dos traballos realizados sobre literatura medieval hispánica desde 1940 ata a actualidade.
Cronoloxía: 1940-
Idioma: español
Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Cantigas Medievais Galego-Portuguesas
Contido: contén a totalidade das cantigas medievaiss presentes nos cancioneros galego-portugueses, as respectivas imaxenes dos manuscritos e a música
Idioma: portugués
Recurso a texto completo CODOLGA
Contido: base textual que recolle documentación medieval en lingua latina relacionada con Galicia. Elaborada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Idioma: galego
Recurso a texto completo CORGA
Contido: (Corpus de Referencia do Galego Actual): recolle diferentes tipos de textos da lingua galega actual (literarios, periodísticos, ensaísticos, etc.), elaborada polo Centro Ramon Piñeiro.
Cobertura: dende 1975 ata a actualidade.
Idioma: galego.
Recurso referencial Corpus do português
Contido: sitio que permite buscar máis de 45 millóns de palabras de case 57.000 textos em portugués do século XIV ao século XX. Ademáis permite comparacións entre o oral, a fición, o xornalístico e o académico, así como entre o portugués europeo e o brasileño do século XX.
Idioma: portugués, inglés
Recurso a texto completo Recurso referencial Corpus Informatizado do Português Medieval (CIPM)
Contido: proxecto de investigación lingüística sobre o período máis antigo do portugués. O tratamento informatizado  dos textos do CIPM permite realizar un Dicionario do Portugués Medieval (DVPM).
Cobertura: S. IX - S. XVI
Idioma: portugués
Recurso referencial Corpus Paralelo CLUVI
Contido: Conxunto de córpora textuais paralelos de rexistros especializados de lingua galega contemporánea. Os seus compoñentes principais son o corpus TECTRA de textos literarios inglés-galego, o corpus FEGA de textos literarios francés-galego, o corpus LEGA de textos xurídico-administrativos galego-castelán, o corpus UNESCO inglés-galego-francés-español de divulgación científico-técnica, o corpus LOGALIZA de localización de software inglés-galego e o Corpus CONSUMER español-galego-catalán-euskara de información sobre consumo
Idioma: galego, inglés
Recurso referencial Corpus técnico do galego (CTG)
Contido: corpus en galego elaborado pola Universidade de Vigo que se compón de distintas seccións: Corpus GALEX de textos xurídico-administrativos, Corpus XIGA de textos de informática e telecomunicacións, Corpus AUGA de textos de ecoloxía e ciencias ambientais, Corpus ACHEGA de textos de economía, Corpus SOGAL de textos de socioloxía e Corpus MEDIGAL de textos de medicina.
Idioma: galego, inglés
Recurso a texto completo Recurso referencial Dialnet
Contido: proxecto de cooperación bibliotecaria no que participa a UDC. É a maior base de datos de artigos científicos hispanos accesible de modo gratuíto en Internet. Recopila e proporciona acceso fundamentalmente a documentos publicados en España en calquera lingua, publicados en español en calquera país ou que traten sobre temas hispánicos. Os contidos inclúen artigos de revistas, capítulos de monografías colectivas, teses de doutoramento, libros, etc.
Idioma: español
Recurso a texto completo MedDB: Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa
Contido: pon a disposición do investigador o corpus completo das cantigas medievais dos trobadores galego-portugueses, con información detallada tanto das composicións como dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.
Cobertura: Idade Media
Idioma: galego
Recurso referencial Neoteca
Contido: banco de datos de neoloxismos da Universidade de Vigo. Baseada no Corpus Neo de prensa galega.
Cobertura: desde 1997
Idioma: galego

Oxford Cantigas de Santa Maria Database
Contido: base de datos que da acceso a información relevante sobre os procesos de colección, composición e compilación das Cantigas de Santa María. Ofrece material crítico para unha nova edición, que será publicada impresa e electronicamente
Cobertura: século XIII
Idioma: inglés
Recurso a texto completo PoesiaGalega.org
Contido: conxunto formado por unha base de datos e un repositorio dixital sobre a poesia galega dos séculos XIX, XX e XXI.
Idioma: galego
Recurso a texto completo Recurso referencial Portal del léxico hispánico
Contido:realizado polo Grupo de Lexicografía y Diacronía da Universidade Autónoma de Barcelona, é un centro de información que almacena datos bibliográficos, lingüísticos e documentais sobre o vocabulario das linguas románicas da Península Ibérica e as súas respectivas variedades. Consta de tres bancos de datos relacionados desde os que se pode acceder ás referencias bibliográficas compiladas (Banco de Bibliografía), á información sobre o léxico analizado en estudos científicos (Banco de Léxico) e á documentación textual e lexicográfica de palabras (Banco de Documentación). O acceso en liña é gratuíto, aínda que hai que rexistrarse previamente.
Idioma: español
Recurso referencial Recursos Integrados da Lingua Galega (RILG)
Contido: recurso que permite buscas en todas as ferramentas do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo: dicionarios, corpus, bancos de datos... da lingua galega
Idioma: galego

Recurso a texto completo TILG
Contido: (Tesauro Informatizado da Lingua Galega): textos de galego moderno desde 1612 ata a actualidade, que recolle todos oss xéneros e rexistros, desde o texto oral ata a poesía ou prosa.
Idioma: galego
Recurso a texto completo TMILG
Contido: (Tesauro Medieval Informatizado): base de datos que recolle obras e coleccións documentais redactadas en romance galego na época medieval, divididas en tres grandes grupos: a prosa notarial, a prosa non notarial (histórica, literaria, xurídica, relixiosa e técnica) e a poesía (verso).
Cobertura: séculos VIII (ano 700) - XVII (ano 1600)
Idioma: galego

Bibliotecas virtuais

Recurso a texto completo Recurso referencial Biblioteca Virtual de la literatura universal galega (BIVIR)
Contido:O proxecto de Biblioteca Virtual BIVIR da ATG pon en galego obras da literatura universal libres de dereitos, que calquera pode descargar gratuitamente en formato PDF tanto da nosa web como doutros provedores, por exemplo, amazon.es.
Idioma: galego
Algún texto completo dispoñible Recurso referencial Contén arquivos multimedia Biblioteca Virtual Galega (BVG)
Contido: Páxina web que pretende difundir a literatura galega, a través dos seus autores. Nalgúns casos pódese acceder aos textos en formato impreso, audio ou vídeo
Cobertura: Desde a Idade Media ata a actualidade
Idioma: galego

Catálogos

Recurso referencial Bibliografía Informatizada da Lingua Galega (BILEGA)
Contido: base de datos que contén información bibliográfica sobre os traballos de investigación, divulgación ou opinión dedicados ao idioma galego -de forma exclusiva ou parcial- nas diferentes fases do seu desenvolvemento histórico (incluído o período de formación).
Cobertura: Desde a Idade Media ata a actualidade
Idioma: galego

Algún texto completo dispoñible Recurso referencial BITAGAP
Contido: (Bibliografia de Textos Antigos Galegos e Portugueses): incluido no proxecto Philobiblon, é un catálogo colectivo de todos os textos orixinariamente compostos en portugués, galego-portugués e galego, así como dos que foron traducidos a calquera de estas linguas durante a época medieval.
Cobertura: 1922-
Idioma: portugués, galego, español

Enciclopedias, dicionarios, tesauros

Recurso referencial bUSCatermos
Contido: aplicación de consulta terminolóxica galega en liña da Universidade de Santiago de Compostela.
Idioma: galego
Recurso referencial Dicionario da RAG
Contido: este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Pódese atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Idioma: galego
Recurso referencial Dicionario de dicionarios
Contido: permite a busca dunha palabra en dicionarios de diferentes épocas e ver simultaneamente as entradas e definicións tal como foron aparecendo cronoloxicamente.
Cobertura: desde o s. XVIII ata a actualidade
Idioma: galego

Recurso referencial Dicionario de pronuncia da lingua galega
Contido: dicionario que ten a finalidade de ofrecer un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.
Idioma: galego
Recurso referencial Dicionário Priberam da Língua Portuguesa
Contido: dicionario de portugués contemporáneo, que comprende tanto vocabulario xeral como os termos mais comúns das principais áreas científicas e técnicas. Tamén contén sinónimos e antónimos e permite a conxugación verbal, así como consultar información sobre a orixe dalgunhas palabras e a súa pronuncia.
Idioma: portugués
Recurso referencial Lexilogos. Dicionario galego
Contido: páxina que recopila dicionarios, gramáticas e outros recursos relacionados coa lingua galega.
Idioma: francés
Recurso referencial Lexilogos. Dicionário português
Contido: páxina que recopila dicionarios e gramáticas da lingua portuguesa, así como dicionarios bilingües.
Idioma: francés
Recurso referencial Linguakit
Contido: Conxugador verbal de español, portugués e galego. Mostra todas as formas verbais dun infinitivo para todos os modos, tempos e persoas. Permite conxugar incluso verbos que non están no dicionario e neste caso o conxugador avisará de que o verbo non é coñecido
Idioma: galego, portugués, español

Nota: Este recurso era coñecido anteriormente como CilenisConxugador
Recurso referencial Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa)
Contido: vocabulario da lingua galega que segue as prescricións ortográficas e morfolóxicas da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega
Idioma: galego

Portais temáticos

Recurso a texto completo Algún texto completo dispoñible Recurso referencial Linguateca
Contido: centro de recursos para o procesamento informático da lingua portuguesa, dando acceso á corpora, léxicos e dicionarios, enciclopedias, material didáctico, textos en portugués, proxectos, asociacións, revistas sobre o portugués, etc.
Idioma: portugués

Revistas electrónicas

Recurso a texto completo Estudos de lingüística galega
Contido: revista publicada polo Instituto da Lingua Galega baixo unha licenza Creative Common
Idioma: galego

Revistas en acceso aberto

Recurso a texto completo Recurso referencial Latindex
Contido: sistema rexional de información en liña para revistas científicas de América Latina e o Caribe, España e Portugal.
Idioma: español
Recurso a texto completo Recurso referencial Redalyc
Contido: rede de revistas científicas de América Latina e o Caribe, España e Portugal.
Idioma: español
Especialista na materia
Picture: Marta Lago

Marta Lago
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: Carmen  Rodríguez Veiga

Carmen Rodríguez Veiga
Bibliotecario
Tel: (+34) 981167050

Picture: Rosa Martínez Val

Rosa Martínez Val
Bibliotecario
Tel: (+34) 981167050

Biblioteca da Facultade de Filoloxía
Buscar no catálogo
Lenda / Significado das iconas
= Recurso de acceso libre
= Acceso restrinxido en Campus
= CD / DVD / USB

= Recurso a texto completo
= Algún texto completo dispoñible
= Recurso referencial

= Contén arquivos multimedia

= Recurso novo
= Recurso en PROBA

= Ver contido suscrito en SFX

= Enlace á Axuda

= Recurso Open Access


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000