FIADOR
Fiador: Fotografía
Fotografía


Selección de recursos de pago e gratuitos sobre Fotografía. Para consultar máis
recursos ir á páxina web da Biblioteca.
Todos os elementos por fonte

Bases de datos

Contén arquivos multimedia American Museum of Photography
Materia: museo virtual de fotografía
Cobertura: 1940-
Idioma: inglés
Contén arquivos multimedia Banque d'images (BnF)
Materia: base de datos de imaxes da Biblioteca Nacional de Francia
Idioma: francés
Contén arquivos multimedia Biblioteca Digital Hispánica - Fotografía
Materia: fotografía
Contido: acceso ao material dixitalizado do fondo de Fotografía da Biblioteca Nacional de España. Este fondo está constituído por centos de milleiros de fotografías de distinta natureza, libros con fotografías, álbumes, coleccións, arquivos comerciais de fotógrafos e fondos temáticos. A maioría pertencen ao período comprendido entre os anos 1850 e 1990.
Cobertura: 1850-1990
Idioma: español
Contén arquivos multimedia Digital Photography (National Archives US)
Materia: sección dos arquivos nacionais de EE. UU. dedicada á fotografía
Contido: inclúe coleccións de fotografías e documentos relativos á historia americana, coleccións particulares doadas á entidade, fotografías realizadas por fotógrafos norteamericanos...
Idioma: inglés
Contén arquivos multimedia Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya - Arxiu Històric Fotogràfic
Materia: encárgase da recuperación do patrimonio fotográfico de Cataluña
Contido: servizo de libre acceso ao público en xeral, permite obter a reprodución das imaxes en soporte dixital, ou por proceso fotográfico mediante copias de laboratorio.
Idioma: catalán
Contén arquivos multimedia National Photography Collection (National Media Museum UK)
Materia: colección nacional de fotografía do Reino Unido
Contido: inclúe varias coleccións particulares e imaxes de grandes fotógrafos actuais
Idioma: inglés
Contén arquivos multimedia Photographic catalogues (British Library)
Materia: colección fotográfica da British Library
Idioma: inglés

Enciclopedias, dicionarios, tesauros

Recurso referencial Diccionario de fotografía y diseño gráfico
Materia: diccionario creado para facilitar a aprendizaxe de calquera tema relacionado coa terminoloxía utilizada no campo do deseño, a fotografía e as artes gráficas.
Idioma: español

Institucións, organismos, asociacións

Agencia Magnum
Materia: axencia internacional de fotografía, con oficinas en Nova York, París, Londres e Tokyo
Contido: foi unha das primeiras cooperativas no campo da fotografía, permitindo aos seus membros ser os donos dos dereitos das súas imaxes e poder elixir os seus temas
Cobertura: 1947-
Idioma: inglés
ANA Agence photographique de presse
Materia: axencia de fotografía de prensa
Contido:ademais do traballo propiamente de axencia dispón dunha galería na que os fotógrafos expoñen o seu traballo máis persoal
Cobertura: 1981-
Idioma: francés
Asociación de Fotógrafos Profesionales de España
Materia: asociación de ámbito estatal que asocia aos fotógrafos profesionais en defensa dos seus intereses.
Contido: ofrece uns servizos como entidade autónoma, ao tempo que é membro e colabora con outros colectivos e entidades do sector a nivel nacional e internacional
Cobertura: 1984-
Idioma: español
entrefotos "LA FERIA"
Materia: encontro anual de fotografía en Madrid no que se dá a coñecer a fotografía de autor
Contido: xorde da unión de catro fotógrafos españois: Luís Baylón, José María Díaz-Maroto, Evaristo Delgado e Pascuale Caprile, tras a creación da Asociación para a Promoción e Divulgación da Fotografía: entreFotos fomenta o coleccionismo de obra fotográfica orixinal e dá a coñecer o valor e diversidade da arte fotográfica, a través de diferentes actividades.
Cobertura: 1998-
Idioma: español
Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen
Materia: fotografía
Contido: fundada en 1992, aa Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen (FEPFI) integra actualmente preto de 1300 fotógrafos e videógrafos pertencentes a un total de 26 asociacións. Desde a súa creación, a Federación traballou polos intereses comúns deste colectivo, prestando especial atención á defensa dos seus dereitos, ao establecemento de normas e un código ético de actuación, así como á permanente formación técnica para conseguir unha maior calidade na produción dentro do ámbito da fotografía e o vídeo, e con iso lograr o recoñecemento da labor deste sector de profesionais da imaxe. A FEPFI atópase adherida á WCPP (World Council of Professional Photographers) e á FEP (Federation of European Professional Photographers).
Idioma: español
Getxophoto
Materia: festival de fotografía que se celebra en Getxo (País Vasco) e que aposta pola utilización de formatos, soportes e espazos non convencionais para facer circular as imaxes
Contido: é un festival temático que traballa da man dun comisario invitado cada tres anos e que entende a fotografía como unha ferramenta de coñecemento, comunicación e, por suposto, gozo estético.
Cobertura: 2007-
Idioma: español
Leica Oskar Barnack Award
Materia: premio outorgado por Leica en honor a Oskar Barnack, inventor desa cámara fotográfica
Cobertura: 1979-
Idioma: inglés
Maison Européenne de la photographie
Materia: centro de exposicións municipal de fotografías (Paris) que dispón dunha completa biblioteca especializada
Cobertura: 1996-
Idioma: francés
New York Photo Festival
Materia: festival de fotograía
Contido: dedicado á fotografía estadounidense contemporánea e as novidades
Cobertura: 2007-
Idioma: inglés
PHotoEspaña
Materia: Festival internacional de fotografía e artes visuais
Contido: permite coñecer proxectos fotográficos, videos e instalacións dos fotógrafos e artistas visuais nacionais e internacionais máis consagrados, así como o traballo de novos creadores.
Cobertura: 1998-
Idioma: español
Polaris Images
Materia: axencia de fotografía independente dedicada ao servizo dos medios de comunicación
Cobertura: 2002-
Idioma: inglés
Premio Nacional de Fotografía (España)
Materia: premio anual de fotografía outorgado a aqueles fotógrafos que coas súas creacións contribúen ao enriquecemento do patrimonio cultural de España.
Cobertura: 1994-
Idioma: español
Premio World Press Photo of the Year
Materia: premio anual que se entrega á mellor fotografía que non sexa só unha imaxe do fotoxornalismo do ano senón que sexa representativa ante un feito de grande importancia xornalística, demostrando un excelente nivel de percepción visual e creatividade.
Contido: o premio é organizado pola World Press Photo, organización independente sen ánimo de lucro con sede en Ámsterdam
Cobertura: 1955-
Idioma: inglés
Real Sociedad Fotográfica
Materia: asociación sen ánimo de lucro, cuxos obxectivos son a difusión e promoción da fotografía como medio de expresión artística.
Contido: é unha sociedade aberta a todos os amantes da fotografía, xa sexan fotógrafos profesionais, afeccionados ou curiosos en xeral e á colaboración con persoas ou organizacións que compartan nosos obxectivos e se interesen por actuar en favor do recoñecemento e a difusión da fotografía e os fotógrafos.
Cobertura: 1899-
Idioma: español
Robert Capa Gold Medal
Materia: premio anual á mellor fotografía realizada fóra de Estados Unidos que requira excepcional valor e medios, o premio é outorgado polo Overseas Press club of America. O premio foi creado en honor ao fotógrafo de guerra Robert Capa
cobertura: 1955-
Idioma: inglés

Portais temáticos

Recurso a texto completo Recurso referencial Fotografía.net
Materia: Fotografia.NET é un portal creado por e para fotógrafos e profesionais relacionados
Contido: a súa principal finalidade é acercar a todos un poco máis ao mundo da fotografía en todas as súas variantes, e así facilitar o acceso á información máis útil e actual.
Idioma: español

Revistas-e

Recurso a texto completo Ahorn Magazine
Materia: revista on-line de fotografía contemporánea, está orientada a destacar o traballo de fotógrafos emerxentes
Contido: tamén dispón de seccións con contido escrito orixinal, presentando entrevistas, ensaios, recensións de libros e moito máis.
Cobertura:
Idioma:
inglés
Recurso a texto completo Apogee Photo Magazine
Materia: revista on-line que ofrece artículos fotográficos de alta calidad, consejos y técnicas en torno a una amplia gama de temas adecuados para los fotógrafos principiantes o profesionales
Cobertura: 1995-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Blind Spot
Materia:  revista de fotografía artística que se publica dúas veces ao ano
Contido: pretende crear unha relación directa entre unha obra de arte fotográfica e o seu público, sen contido comercial ou editoriais
Cobertura: 1993-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Cuartoscuro
Materia: revista mexicana de fotografía editada pola axencia do mesmo nome, concibida como un foro aberto a todos os xénero e fotógrafos do país
Cobertura: 1994-
Idioma: español
Recurso a texto completo Digital Photo (DPmag)
Contidofotografía dixital, cámaras, accesorios, enlaces, galería de fotos
Recurso a texto completo Flak Photo
Materia: revista on-line de fotografía
Cobertura: 2006-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo foto DNG
Materia: revista on-line gratuita de fotografía dirixida a todos os afeccionados e profesionais da fotografía, tanto do mundo analóxico coma do dixital e con coñecementos dende os máis básicos, ata os profesionais máis veteranos no mundo da fotografía.
Cobertura: 2006-
Idioma: español
Recurso a texto completo Fotonatura
Materia: revista de fotografía de natureza
Idioma: español
Recurso a texto completo Lens Culture
Materia: revista de últimas tendencias e fotografía contemporánea
Contido: anualmente concédense os Premios Internacionais LensCulture para descubrir, premiar e promover novos talentos e para fotógrafos e creadores de multimedia de todo o mundo.
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Light & Composition
Materia: revista de arte e fotografía
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Photo magazine
Materia: revista francesa de fotografía artística
Contido: céntrase no aspecto artístico antes que no aspecto técnico, se distribúe en todo o mundo e convoca un concurso anual para fotógrafos afeccionados
Idioma: francés
Especialista na materia
Picture: Luisa Rivera

Luisa Rivera
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: Inmaculada Mantecón Fernández

Inmaculada Mantecón Fernández
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Biblio. de Socio. e C. da Comunicación
Buscar no catálogo
Lenda / Significado das iconas
= Recurso de acceso libre
= Acceso restrinxido en Campus
= CD / DVD / USB

= Recurso a texto completo
= Algún texto completo dispoñible
= Recurso referencial

= Contén arquivos multimedia

= Recurso novo
= Recurso en PROBA

= Ver contido suscrito en SFX

= Enlace á Axuda

= Recurso Open Access


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000