FIADOR
Fiador: Cine
Cine


Selección de recursos de pago e gratuitos sobre cine. Podes visitar a nosa páxina de Pintererst (www.pinterest.com/udcbibliocomsoc/) para coñecer a nosa colección de cinema e seguir os nosos taboleiros. Para consultar máis recursos ir á páxina web da Biblioteca.
Todos os elementos por fonte

Bases de datos

All Movie Guide
Materia: base de datos de trailers de películas, sinopses e críticas de películas.
Idioma:  inglés
Asian Movie Database
Materia: base de datos en liña das películas asiáticas, vídeos e programas de televisión
Cobertura: Asia, Corea do Sur, Xapón, China, Hon Kong, India e Tailandia
Idioma: inglés
 
Canadian Film Encyclopedia
Materia: base de datos de cinema canadense,contén información sobre películas, biografías, actores, directores, produtores, compañías e bibliografía.
Cobertura: cinema canadense
Idioma: inglés
Chinese movie database
Materia: base de datos de películas realizadas en China, Hong Kong, Taiwan
Contido:
recolle datos técnicos, datos persoais de actores, directores e persoal técnico, premios, datos sobre películas en produción e blogue de cinema
Cobertura:1905-
Idioma: chinés e español
Recurso a texto completo Recurso referencial CULTURAbase
Materia: sistema de difusión de estatísticas culturales del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Contido: recolle estatísticas sobre varios temas: patrimonio, museos e coleccións museográficas, arquivos e bibliotecas, edición española de libros e música, cinematografía e asuntos taurinos.
Estadísticas de cine y Audiovisuales (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte)
Materia:  acceso ás estatísticas dispoñibles na área do Cinema e Audiovisuales
Contido: datos estatísticos
Idioma:español
Film History by Decade
Materia: base de datos da historia do cinema
Contido: a información está dividida por épocas, dentro das épocas por xéneros, tamén informa de acontecementos filmicos
Cobertura:  cinema de EEUU
Idioma: inglés
Recurso referencial IMDB
Materia: cine
Contido: IMDb é una base de datos online sobre cine e TV. IMDb ofrece máis de 130 millóns de artigos de datos incluíndo máis de 2.7 millóns de películas, TV e programas de entretemento.
Idioma: inglés
IMSDB
Materia: guións de cinema
Contido: ampla base de datos de guións de cine aos que se pode acceder en formato html
Recurso a texto completo Recurso referencial Internet Movie Script Database (IMSDb)
Contido: Internet Movie Script Database (IMSDb) é unha base de datos online de guións de cine. Posúe a colección máis grande de guións de cine dispoñibles na web. Permite a lectura e a descarga.
Idioma: inglés
Recurso a texto completo PLAT
Materia: é unha iniciativa de Kinora, Asociación para a alfabetización, difusión e investigación audiovisual, desenvolvida por e para os autores cinematográficos para detectar problemáticas compartidas, intercambiar ideas e pór en marcha posibles solucións.
Contido:é un arquivo fílmico online que ten como obxectivo aproveitar o potencial de Internet para dar unha visión plural do cinema español e ampliar o seu público máis aló dos circuítos especializados: un público que poida demandar este cinema no futuro.
Cobertura: cinema español
Idioma: español

Catálogos

Recurso referencial Catálogo de Cine Español
Materia: cine
Contido: publicación dixital do Instituto de Cine y Artes Audiovisuales destinada á promoción do Cine Español que recolle información sobre as películas cinematográficas con participación española na produción e cuxo criterio de selección baséase en ter sido calificadas por primiera vez durante o ano correspondente.
Cobertura:2001-
Idioma: español
Ciné Ressources
Materia: catálogo colectivo das bibliotecas e arquivos de cinema francés
Contido: inclúe coleccións publicas e particulares
Cobertura: cinema francés
Idioma: francés
Recurso referencial Filmoteca española
Contido: arquivo histórico que custodia o patrimonio filmíco español. Tén como misión recuperar investigar e conservar o patrimonio cinemaatográfico e promover o seu coñecemento
Recurso referencial Motion Picture & Television Reading Room
Contido: acceso aos fondos de cine e television da Library of Congress
Recurso a texto completo Recurso referencial Contén arquivos multimedia Moving Images Archive
Contido: sección de Internet Archive que recolle diversas coleccións temáticas de películas e vídeos

Congresos, simposios

Berlinale
Materia: festival internacional de cinema celebrado a principios de febreiro en Berlín
Contido: cinema internacional e europeo (preferentemente), tamén inclúe retrospectivas, restauracións de clásicos e cinema experimental
Cobertura:1951-
Idioma: alemán e inglés
Festival de Cannes
Materia: festival internacional de cinema
Contido: o festival celébrase no mes de maio na cidade francesa de Cannes e ten duas seccións: a sección oficial de copetición e "Un Certain Regard" fora de competición
Cobertura: 1939-
Idioma: francés e inglés
Festival de Cine de Sitges
Materia: festival de cinema fantástico
Contido: dedicado á produción internacional en cinematografía fantástica,ademais, adoita programar homenaxes, retrospectivas, sesións especiais, exposicións e conferencias.
Cobertura: 1967-
Idioma:
español, catalán e inglés
Festival Internacional de Cine de Gijón
Materia:  festival internacional de cinema
Contido: orientado desde a súa creación a un público mozo, promove a industria cinematográfica en Asturias
Cobertura: 1963-
Idioma: español
Festival Internacional de Cine de San Sebastián
Materia: festival internacional de cine
Contido: festival internacional de cinema con varias seccións nas que apoia aos novos directores, a Latinoamérica, ao cinema español e ao cinema feito en Euskadi
Cobertura:1953-
Idioma
: español
Festival Internacional de Cine de Venecia
Materia: festival de cinema italiano
Contido: festival anual enmarcado na Bienal de Venecia: institución sen ánimo de lucro subvencionada polo Estado italiano, unha das máis importantes do mundo
Cobertura: 1932-
Idioma: italiano
Premios BAFTA
Materia:  premios outorgados pola Academia Británica de las Artes Cinematográficas y de la Televisión
Contido: premios que promoven e desenvolven a arte da imaxe en movimineto: cinema, televisión, vídeo
Cobertura: 1947-
Idioma:inglés
Premios César
Materia: premios da Academia del Cine Francés
Contido: premian películas, actores, actrices e directores de cinema francés do ano
Cobertura: 1975-
Idioma: francés
Premios David de Donatello
Materia: premios da Academia del Cine Italiano
Contido: premios á excelencia cinematográfica do cinema italiano
Cobertura: 1956-
Idioma: italiano
Premios del Cine Europeo
Materia: premios da Academia de Cine Europeo
Contido: o seu ámbito restrínxese ao cinema europeo
Cobertura: 1988-
Idioma: inglés
Premios Globo de Oro
Materia: premios concedidos pola Asociación de la Prensa Extranjera de Hollywood
Contido: premios en recoñecemento á excelencia de profesionais en cinema e televisión, tanto en Estados Unidos como a nivel mundial
Cobertura:1944-
Idioma: inglés
Premios Goya
Materia:  premios da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España
Contido: premiar aos mellores profesionais en cada unha das distintas especialidades do sector,  actualmente en 28 categorías, sen contar o "Premio Goya de Honor"
Cobertura: 1987-
Idioma: español
Premios Óscar
Materia: premios da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas do EEUU
Contido: premios á excelencia en logros cinematográficos, ao longo dos anos convertéronse nun modelo a seguir por outros premios
Cobertura: 1929-
Idioma: inglés
Semana Internacional de Cine de Valladolid
Materia:  festival de cinema internacional que se celebra na cidade de Valladolid no mes de outubro
Cobertura: 1956-
Idioma: español

Enciclopedias, dicionarios, tesauros

Recurso a texto completo Recurso referencial Contén arquivos multimedia Diccionario Temático de Cine
Materia: dicionario de cine
Contido: eduKacine está elaborado pola Biblioteca da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla. Ferramenta interactiva composta por unha información extensa e minuciosa sobre cada unha das voces que a compoñen: Filmografía (mostra unha selección dos filmes máis representativos) en relación coa voz visitada polo usuario. Bibliografía (enlaces a buscas bibliográficas realizadas en Google Académico, Fama e Dialnet); Internet (enlaces a páxinas web e blogs presentes na web); Comentarios (os usuarios poderán propor novas voces ou novas películas para incluír nas existentes); Youtube (selección de vídeos).
Idioma: español

Institucións, organismos, asociacións

Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas (EEUU)
Materia: organización estadounidense creada para promover a industria de cinema naquel país
Contido: organiza anualmente a cerimonia dos Premios Óscar, está aberta a profesionais do cinema de todo o mundo
Cobertura: 1927-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Recurso referencial Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España
Materia: cine
Contido: a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, creada o 8 de xaneiro de 1986, é unha institución de dereito privado, de talante integrador e democrático. Según os seus estatutos trátase dunha asociación de carácter non lucrativo de profesionais dedicados ás distintas especialidades da creación cinematográfica, con personalidade xurídica propia, constituída con carácter indefinido e rexida polos principios de democracia, pluralismo, transparencia e participación.
Idioma: español
Académie des Arts et Techniques du Cinéma
Materia: academia das artes e as tecnicas cinematograficas de Francia
Contido: formada por profesionais da industria cinematográfica, a súa actividade repártese en cinco sectores: a regulación, a identificación dos negocios, a votación, a Cerimonia dos premios César, e eventos dedicado
Cobertura: 1975-
Idioma: francés
American Film Institute
Materia: entidade sen animo de lucro que preserva o legado do patrimonio cinematográfico de Estados Unidos para as futuras xeracións
Cobertura: 1967-
Idioma: inglés
British Council Film
Materia: ente sen ánimo de lucro que relaciona ao cinema e aos cineastas británicos coa súa audiencia internacional
Contido: traballa para perfilar a innovación, a diversidade, a creatividade e a excelencia das películas británicas de todo o mundo, e para atopar oportunidades para o intercambio creativo entre os cineastas británicos e os seus homólogos internacionais.
Idioma: inglés
British Film Institute
Materia: é unha organización non lucrativa que alenta o desenvolvemento das artes do cinema, a televisión e a imaxe en movemento en todo o Reino Unido
Contido: para desenvolver a súa tarefa controla varios teatros e cinemas de Londres, dirixe o Festival de cinema de Londres, ofrece un rango de iniciativas educativas, en particular para manter o ensino do cinema e os medios de comunicación estudados nas escolas e  mantén o máis longo arquivo de cinema do mundo
Cobertura: 1993-
Idioma: inglés
Recurso referencial CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña)
Materia: Cine
Contido:  As súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, son: a recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego. Pódese consultar a programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
Idioma: Galego
EGEDA
Materia: é unha entidade de xestión de dereitos de propiedade intelectual que representa e defende en España os intereses dos produtores audiovisuais derivados dos dereitos que recoñece e protexe a Lei de Propiedade Intelectual, os dereitos de propiedade intelectual son a ferramenta que permite a correcta explotación das obras en beneficio da futura creación cultural
Cobertura: 1990-
Idioma: español
Recurso a texto completo Recurso referencial European Film Academy
Contido: fundada en 1988, a Academia de Cine Europeo reune a 3000  profesionais  co obxectivo común de promocionar a cultura cinematográfica europea
European Film Promotion
Materia: rede internacional de organizacións profesionais  que promoven e comercializan o cinema europeo en todo o mundo.
Contido: representa unha verdadeira rede de profesionais da industria, cuxo obxectivo é aumentar a circulación e a explotación das películas europeas en Europa e a nivel internacional
Cobertura: 1997-
Idioma: inglés
Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales Españoles
Materia: entidade sen ánimo de lucro que integra á práctica totalidade das empresas de produción de cinema e televisión de España
Contido: ocúpase da representación e defensa dos intereses profesionais e empresariais do sector da produción audiovisual ante toda clase de persoas, Organismos e Entidades, públicas e privadas, e especialmente ante a Administración, así como da promoción da investigación e desenvolvemento do sector e da elaboración de estudos e análises do mercado.
Cobertura: 1991-
Idioma: español
Federación Internacional de Archivos Fílmicos
Materia: é a asociación de arquivos de cinema máis importantes do mundo, cuxo obxectivo principal é conservar e mostrar as películas, reúne a institucións empeñadas na preservación de películas consideradas tanto como obras de arte como documentos históricos
Contido: máis de 150 institucións, situadas en máis de 77 países, rescatan, restauran e mostran obras cinematográficas e documentos relacionados coa historia do cinema, desde os seus comezos ata os nosos días
Cobertura:  1938-
Idioma: español, inglés e francés
Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (Argentina)
Materia: organismo dependente do Ministerio de Cultura da Nación Arxentina, a súa función é o fomento e regulación da actividade cinematográfica arxentina en todo o territorio arxentino e no exterior
Idioma: español
Recurso referencial Ministerio de Cultura. Cine y audiovisuales
Contido: páxina de información do Ministerio sobre o cine español cunha completa recopilación de ligazóns (cooperación, axudas, lexislación, etc.) Desde aquí pódese acceder ao ICAA, o Instituto de la Cinematografía Y de las Artes Audiovisuales
Algún texto completo dispoñible Ministerio de Educación, Cultura y Deportes
Contido: Páxina web do Ministerio de Educación do Goberno de España, con información dirixida a todos os axentes implicados na educación. 
Contén un catálogo para localizar as publicacións relacionadas ca área, editadas polo Ministerio. Moitas delas son de carácter gratuito e están dispoñibles a texto completo.
Idioma: español
Observatorio Audiovisual Europeo
Materia: organización de servizo público que forma parte do Consello de Europa, foi creado co fin de recompilar e distribuír información sobre as industrias audiovisuais en Europa para promover unha maior transparencia e unha mellor comprensión das formas en que as industrias audiovisuais traballan en Europa,  tanto desde o punto de vista económico como xurídico; ofrece información sobre os distintos mercados audiovisuais e o seu financiamento. Así mesmo, analiza e informa as cuestións legais que afectan aos diferentes sectores da industria audiovisual.
Cobertura:1992-
Idioma:inglés, francés e alemán

Portais temáticos

Recurso a texto completo Recurso referencial Abc guionistas
Contido: consultora en español dedicada exclusivamente ao guión de cine e televisión nos seus múltiples aspectos
Recurso a texto completo Recurso referencial Guía temática Comunicación Audiovisual
Materia: cine
Contido: guía con recursos de información realizada pola Biblioteca Campus Gandía da Universitat Politècnica de València.
Recurso a texto completo Recurso referencial IndieWire
Novas, críticas, festivais, eventos, etc. do cine independente. En inglés.
Recurso a texto completo Recurso referencial Página del guión
Información sobre técnica de escritura de guións, narrativa e semiótica audiovisual.

Revistas-e

Recurso a texto completo Academia, revista del cine español
Materia: revista do cinema español
Contido: é un lugar de encontro para os amantes da gran pantalla e un espazo para o debate dos seus profesionais, unha plataforma onde se recollen especiais, reportaxes, entrevistas e información sobre festivais e galardóns, facendo especial fincapé nos Premios Goya®.
Cobertura: 1991-
Idioma: español
Recurso a texto completo American Journalism Review
Materia: revista de xornalismo publicada pola Universidade de Maryland
Cobertura: 1977-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Anuario del Cine Español
Publicación anual do Instituto de Cine y Artes Audiovisuales destinada á promoción do cinema español que recolle principalmente información sobre as películas cinematográficas con participación española na produción e cuxo criterio de selección baséase en ser cualificadas por primeira vez durante o ano correspondente.
Recurso a texto completo Boletín informativo de cine (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte)
Materia: publicación anual do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) que recolle o balance anual da cinematografía en España, nos ámbitos de produción, distribución, exhibición e comercialización.
Contido: ofrece unha completa información da actividade cinematográfica do último ano
Cobertura: 2015
Idioma: español
Cine & Tele Online
Contido: revista de cine e televisión
Recurso a texto completo Cinema journal
Materia: revista de cinema trimestral
Contido: revista dedicada ao estudo de medios: cinema, televisión, son e medios dixitais
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Filmhistoria online
Materia: revista online especializada dedicada ao estudo e a difusion das relacións entre a historia e o cinema
Cobertura: 2001-
Idioma: español
Recurso a texto completo Screen
Materia: revista
Contido:
Cobertura:
1969-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Screen international
Materia: revista de cine e televisión
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Secuencias: revista de historia del cine
Materia: revista semestral dedicada aos estudos cinematográficos
Cobertura: 1994-
Idioma: español
Versión Original : revista de cine
Contido: para promocionar e difundir o cine, a Fundación Re Bross edita a revista Versión Original, unha das máis lonxevas do panorama nacional.
Especialista na materia
Picture: Luisa Rivera

Luisa Rivera
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: Inmaculada Mantecón Fernández

Inmaculada Mantecón Fernández
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Biblio. de Socio. e C. da Comunicación
Buscar no catálogo
Lenda / Significado das iconas
= Recurso de acceso libre
= Acceso restrinxido en Campus
= CD / DVD / USB

= Recurso a texto completo
= Algún texto completo dispoñible
= Recurso referencial

= Contén arquivos multimedia

= Recurso novo
= Recurso en PROBA

= Ver contido suscrito en SFX

= Enlace á Axuda

= Recurso Open Access


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000