FIADOR
FAQS: Acceso al documento

1. Qué teño que facer logo de conseguir ter a bibliografía axeitada ao meu traballo?

O primeiro e comprobar si o documento forma parte das coleccións da biblioteca. Si é un libro tes que buscar no catálogo, donde se decriben os libros, sexan en papel ou electrónico, e si é un artigo de revista o mesmo: pode ser que teñamos o documento en papel na hemeroteca ou que dispoñamos dunha versión dixital accesible na web. Neste último caso, xa dende a base de datos na que fixemos a busca, podemos enlazar co texto completo do artigo. Este enlace se fai con un software chamado SFX.
Si non temos o aritgo nas nosas coleccións, podes pedilo a través do servicio de préstamo interbibliotecario, pero antes busca na rede, pois moitos artigos  dos que non temos suscripción teñen versión en aberto en diferentes portais.

2. Qué e SXF?

E un software que nos da información sobre os artigos que nos interesan, e sobre todo nos da moitos datos sobre as revistas nas que aparecen os artigos. Si os temos  na colección dixital da biblioteca, nos ofrece una enlace ao documento dixital; ademáis temos información sobre a revista: exportación dos datos a Refworks e Endnote, importancia da revista na sua disciplina, búsqueda do documento en Google Scholar, información sobre os dereitos de autor, entre outros datos.

3. Cómo podo usar os portais dos editores?

As revistas as temos agrupadas nos portais dos editores. Nestos sitios podemos atoupar moita información, pois os editores nos dan acceso a toda sua base de datos, e non soio ás revistas que pagamos; ademáis temos información contida nos libros, sexan capítulos de éstos ou entradas nos diccionarios e nas enciclopedias. A información dos artigos xa a temos controlada por as bases de datos, pero a referida a libros adoita  ser nova  e descoñecida.

4. Cómo podo acceder aos libros electrónicos?

Os libros electrónicos están no catálogo pero tamén poden buscarse nunha listaxe especial que está no apartado de libros electrónicos da web, donde tamén os temos organizados por as empresas editoras. Ademáis están as obras de referencia dixital e algunas coleccións temáticas e multidisciplinares.

5. Qué vantaxes teñen os libros electrónicos?

Os diccionarios e as enciclopedias están máis actualizados que as edicións en papel, e tamén as obras que reeditan teñen a información recente: importante sobre todo nas enxenarías. Tamén e importante coñecer os portais adicados á literatura non recente, pois nas obras de autores mortos fai 70 anos desaparecen os dereitos de autor  e se poden conseguir os textos completos. Poden siñalarse tamén as vantaxes da visualización en tres dimensións, moi doada en arquitectura e enxenaría civil aínda que tamén nas ciencias da saúde.

6. Cómo están organizados os libros electrónicos na web da biblioteca?

Todos aparecen no catálogo con información moi completa pois se reseñan datos dos índices e de todos os autores i entidades. Tamén tedes un listado para facer a busca polo título, autor ou editor. Ademais damos acceso polas editoriais; as dividimos en dous grupos, diccionario e enciclopedias e coleccións temáticas e multidisciplinares.
Buscar FAQs
Suxestións
Podes formular unha pregunta ou facer unha suxestión sobre os servizos de información e referencia. Preme:


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000