FIADOR
Fiador: Xornalismo
Xornalismo




Selección de recursos de pago e gratuitos
sobre Xornalismo.
Para consultar máis
recursos ir á páxina web da Biblioteca.
Todos os elementos por fonte

Bases de datos

Recurso a texto completo Arquivo de Comunicación (Consello da Cultura Galega)
Materia:  estuda os fenómenos comunicativos no sistema de medios galego recollendo datos, analizándoos e interpretándoos
Contido: publica a revista "Estudios de comunicación" ademais de libros e documentos dixitais sobre o xornalismo en Galicia
Cobertura: 2000-
Idioma: galego
Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia EFEdata
Materia: base de datos en liña con maior volume de información xornalística en español, distribuída pola axencia EFE nos últimos 22 anos, incluída a máis recente actualidade.
Contido: de toda a información producida pola axencia se arquiva a máis relevante en formato texto, gráfico,audio e vídeo
Cobertura: 1939-
Idioma: español
Recurso a texto completo EthicNet
Materia: base de datos de códigos de ética xornalística dos países pertencentes ao Consello de Europa
Contido: ofrece o acceso aos códigos traducidos ao inglés e unha visión xeral do pensamento contemporáneo dos xornalistas do país elixido
Cobertura: 1995-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Europrensa
Materia: base de datos que contén artigos e noticias sobre a Unión Europea que aparecen nos principais xornais españois e internacionais
Contido: está elaborada pola Biblioteca Europea da Universidade Complutense de Madrid, baleira un total de 23 cabeceiras nacionais e internacionais
Cobertura: xornais españois 1998 -   , xornais internacionais 2003-
Idioma: español
Recurso a texto completo Historic Newspapers (Library of Congress)
Materia: base de datos de xornais de EEUU
Cobertura: 1690-
Idioma: inglés

Bibliotecas virtuais

Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
Materia: a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica constitúe un dos principais proxectos de dixitalización que se realizaron en España
Contido: trátase, na súa maioría, de coleccións únicas de interese para investigadores e público en xeral. Son de temática variada e abranguen un amplo período histórico que se remonta a finais do século XVIII.
Cobertura: 1753-2013
Idioma: español
Recurso a texto completo Hemeroteca Digital (BNE)
Materia: a Hemeroteca Digital forma parte do proxecto Biblioteca Digital Hispánica, que ten como obxectivo a consulta e difusión pública a través de Internet do Patrimonio Bibliográfico Español conservado na Biblioteca Nacional de España.
Contido: naceu en marzo de 2007 para proporcionar acceso público á colección dixital das revistas e prensa histórica española que alberga a Biblioteca, cunha colección inicial composta por 143 títulos de prensa e revistas.
Cobertura: 1683-2009
Idioma: español

Catálogos

Recurso a texto completo Contén arquivos multimedia Audiovisual Services of the European Commission
Materia: noticias da Unión Europea
Contido: ofrecen vídeos, fotos e arquivos de audio, tamén proporcionan asistencia a xornalistas que cubren informacións sobre a Unión Europea
Recurso a texto completo Recurso referencial Galiciana. Hemeroteca dixital
Contido: inclúe xornais galegos publicados a partir de 1803 tanto no territorio de Galicia coma no exterior

Institucións, organismos, asociacións

Agence France-Presse
Materia: é a axencia de noticias máis antiga no mundo e unha das maiores xunto con Reuters, Associated Press e EFE.
Contido: é un organismo autónomo dotado de personalidade civil e cuxo funcionamento está asegurado seguindo as regras comerciais francesas, a súa misión é investigar tanto en Francia coma no estranxeiro os elementos de información completa e obxectiva e de poñela á disposición do usuario
Cobertura: 1835-
Idioma: francés
Agencia Atlas
Materia: axencia multimedia e multisoporte de información audiovisual, pertencente ao Grupo Telecinco
Contido: produce noticias nacionais, internacionais, sucesos, política, economía, deportes, entre outras cousas
Cobertura: 1998-
Idioma: español
Agencia EFE
Materia: servizo público de noticias internacional dentro das chamadas axencias de información ou noticias, é a primeira axencia de noticias multimedia en español e a cuarta do mundo
Contido: é unha empresa informativa multimedia que cobre todos os ámbitos da información nos diferentes soportes
Cobertura: 1939-
Idioma: español
Asociación de la Prensa de A Coruña
Materia: entidade sen ánimo de lucro que defende os dereitos e liberdades dos seus xornalistas membros ademais de realizar múltiples actividades
Contido: convoca anualmente tres importantes premios: Premio "Pérez Lugín" de periodismo, un dos máis antigos das letras españolas, creado en 1941; Premio "Fundación Caixa Galicia de fotoxornalismo-Juan Cancelo", creado en 2004 e o Premio CHUAC de periodismo escrito
Cobertura: 1904-
Idioma: español
Asociación de la prensa de Madrid
Materia: asociación profesional de xornalistas, cuxos obxectivos básicos son a defensa das liberdades de información e expresión, a promoción do bo exercicio profesional do xornalismo e a preocupación polo benestar dos socios, segundo rezan os seus Estatutos
Contido: o seu ámbito territorial é a comunidade de Madrid e é a maior organización de xornalistas de España
Cobertura: 1895-
Idioma: español
Asociación de Periodistas Europeos
Materia: é unha asociación privada profesional independente e internacional de ámbito europeo creada para promover o entendemento e a harmonía entre os países de Europa e defender a liberdade de información e de prensa
Contido: en total existen vinte seccións independentes nos países membros do Consello de Europa, a sección española foi constituída en 1982
Cobertura: 1961-
Idioma: español
Asociación de prensa profesional
Materia: acolle e representa á maioría e as máis importantes editoriais e publicacións dirixidas aos profesionais.
Contido: foi constituída co fin de defender e representar os intereses do sector, procurando polo seu desenvolvemento e prestixio
Cobertura: 1925-
Idioma: español
Europa Press
Materia: axencia privada de noticias en España
Conrtido: conta con máis de 500 xornalistas repartidas entre as delegacións nacionais e as correspondencias e está integrado por sociedades anónimas independentes en torno a sete áreas de negocios
Cobertura: 1957-
Idioma: español
Federación de Asociaciones de Periodistas de España
Materia: reúne 48 asociacións federadas e 16 vinculadas, cun total superior aos 20.000 asociados, o que a converte na maior organización profesional de xornalistas de España
Contido: é unha organización profesional sindical, leva un rexistro dos xornalistas federados en cada unha das asociacións membros e edita a revista "Periodistas"
Cobertura: 1922-
Idioma: español
Algún texto completo dispoñible Federación Internacional de Periodistas
Contido: promove accións internacionais en defensa da liberdade de prensa e a xustiza social, co apoio firme, libre e independente dos sindicatos de xornalistas.
Premio de Periodismo Europeo "Salvador de Madariaga"
Materia: premio convocado pola "Asociación de Xornalistas Europeos" en colaboración coa Oficina do Parlamento Europeo e a representación da Comisión Europea
Contido: poden optar ao premio os traballos en prensa, radio e televisión que se difundisen nalgunha das linguas oficiais de España
Cobertura: 1994-
Idioma: español
Premio Nacional de Periodismo Cultural
Materia: recoñece o labor de profesionais do xornalismo e de institucións que, ben coas súas obras, ou ben a través da súa participación activa en diversos ámbitos da creación artística ou literaria, fomentan as actividades culturais
Contido: poden optar ao premio aqueles candidatos cuxa actividade estea dedicada á información cultural española sexa cal sexa a lingua ou linguas utilizadas no desenvolvemento do seu labor.
Idioma: español
Premios Internacionales de Periodismo Rey de España
Materia: premios anuais que recoñecen o labor informativo dos profesionais do xornalismo de lingua española e portuguesa dos Estados que integran a Comunidade Iberoamericana de Nacións e das nacións coas que España mantén vínculos de natureza histórica
Contido: foron creados pola Axencia EFE e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)
Cobertura: 1983-
Idioma: español
Premios Ortega y Gasset de Periodismo
Materia: premios creados polo diario "El País" en memoria de José Ortega y Gasset co obxectivo de destacar os mellores traballos xornalísticos do ámbito hispano.
Contido: resaltan a defensa das liberdades, a independencia, o rigor e a honestidade como virtudes esenciais do periodismo.
Cobertura: 1984-
Idioma: español
Premios Pulitzer
Materia: premio por logros no xornalismo imprimido e en liña, a literatura e a composición musical nos Estados Unidos
Contido: foi establecido segundo as disposicións do testamento do editor estadounidense Joseph Pulitzer, e a Universidade de Columbia na cidade de Nova York está a cargo da súa administración, os premios outórganse anualmente en vinte e un categorías
Cobertura: 1917-
Idioma: inglés
Reuters España
Materia: delegación en España da axencia de noticias Reuters con sede en Reino Unido
Idioma: español

Portais temáticos

Recurso referencial Oblicua
Materia: axencia de medios
Contido: tarifas de publicidade en prensa e revistas
Idioma: español

Revistas-e

Recurso a texto completo Communication & Society
Materia: revista académica de periodicidade trimestral de comunicación, dende outubro do 2014 publícase en inglés
Contido: o seu obxectivo é recoller destacadas investigacións no ámbito da comunicación dende variadas perspectivas tanto teóricas coma empíricas ou aplicadas, en campos como xornalismo, publicidade, relacións públicas, raio, cine e televisión, comunicación política, deontoloxía, historia, políticas de comunicación, economía política e novos medios, entre outros
Cobertura: 1988-
Idioma: español
Recurso a texto completo Documentación de las Ciencias de la Información
Materia: revista que recolle traballos técnicos sobre Ciencias da Información, aplicadas ao dominio da Comunicación Social e as súas especialidades: Xornalismo, Televisión, Raio, Cine, Publicidade e Relacións Públicas.
Contido: publicación anual editada pola Universidade Complutense de Madrid
Cobertura: 1976-
Idioma: español
Recurso a texto completo Estudios sobre el Mensaje Periodístico
Materia: revista editada pola Universidade Complutense de Madrid que publica artigos de investigación, orixinais e inéditos, sobre os aspectos comunicativos, as formas expresivas e as funcións políticas e sociais do xornalismo
Cobertura: 1994-
Idioma: español
Recurso a texto completo European journal of communication
Materia: revista trimestral de comunicación
Cobertura: 1986-
Idioma: inglés
Recurso a texto completo Periodistas (Revista)
Materia: revista editada pola Federación de Asociacións de Xornalistas de España
Idioma: español
Recurso a texto completo Textual & visual media : revista de la Sociedad Española de Periodística
Materia: revista editada pola Sociedade Española de Periodística aborda temas de xornalismo, comunicación audiovisual e publicidade
Cobertura: 2008-
Idioma: español
Recurso a texto completo Visual Communication
Materia: revista trimestral de comunicación visual, arte e sociedade
Cobertura: 2002-
Idioma: inglés
Especialista na materia
Picture: Luisa Rivera

Luisa Rivera
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: Mª Belén Fernández Martínez

Mª Belén Fernández Martínez
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: María José Vaquero Farto

María José Vaquero Farto
Bibliotecaria
Tel: (+34) 881 014 815

Picture: Marcos Martínez Roca

Marcos Martínez Roca
Auxiliar Técnico
Tel: (+34) 881 014 815

Picture: Lidia Sieira Rodríguez

Lidia Sieira Rodríguez
Auxiliar Técnico
Tel: (+34) 881 014 815

Biblio. de Socio. e C. da Comunicación
Lenda / Significado das iconas
= Recurso de acceso libre
= Acceso restrinxido en Campus
= CD / DVD / USB

= Recurso a texto completo
= Algún texto completo dispoñible
= Recurso referencial

= Contén arquivos multimedia

= Recurso novo
= Recurso en PROBA

= Ver contido suscrito en SFX

= Enlace á Axuda

= Recurso Open Access


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000